Cultura Galega e emigración:
a galeguidade na diáspora

Inicio » Formación » Curso de experto/a (2ª edición)

Introdución

“Cultura Galega E Emigración: A Galeguidade Na Diáspora” trátase dun curso que ten o obxectivo de abordar o mapeado cultural galego na emigración, con todo o que este achegou tanto aos países de acollida como a Galicia.

A oferta docente divídese en tres niveis:

Nivel Inicial (Curso de Experto/a)

 Nivel Intermedio (Curso de Diplomado/a)

Nivel Avanzado (Curso de Alta Especialización)

Cada un dos tres cursos estará integrado por catro módulos nos que se abordarán os seguintes contidos:

 A Historia e Sociedade na Galicia da Diáspora

O Idioma e Escrita Galega na Diáspora

As Artes na Diáspora Galega

O Camiño e os camiños de Galicia no Mundo

Descarga máis información

O equipo de profesorado que imparte o Nivel Inicial (Curso de Experto/a) está conformado por docentes e persoal investigador de diversas universidades, institucións e centros de formación galegos.

Neste enlace pódese consultar a relación completa de docentes así como unha sinopse curricular.

O Curso de Experto/a dividirase en 18 sesións duns 30 minutos cada unha delas. Neste enlace enlace podes consultar o calendario dos relatorios.

 Para a superación do curso, o alumnado, alén do seguimento dos relatorios, deberá entregar un Traballo Titorado Aplicado. Unicamente poderán obter o correspondente diploma do curso aquelas alumnas e alumnos que entreguen este traballo e obteñan unha cualificación positiva.

Os prazos e termos concretos para a redacción deste traballo especificaranse na circular inicial do curso.

Esta oferta de formación académica pode resultar de grande interese para colectivos galegos emigrantes e os/as seus/súas descendentes, para estudantado de países con notoria presenza de emigración galega e, en xeral, para estudosos/as das culturas ibéricas e románicas, pois o seu ámbito de acción, como se deduce dos relatorios que incorpora, esténdese tanto polo continente americano coma polo europeo, territorios nos que a Historia e o legado da Cultura de Galicia deixou unha fonda pegada a través dos/das nosos/as emigrantes e onde aínda este herdo é unha realidade vizosa nos nosos días.

Duración: 18 sesións de 30 minutos aproximadamente cada unha delas.

Inicio Curso de Experto/a (2ª edición): 18 de outubro do 2021.

Inicio Curso de Diplomado/a: 18 de outubro do 2021.

Inicio Curso de Alta Especialización: Primeiro semestre de 2022.

Tipoloxía: En liña.

Horarios: O alumnado poderá acceder a calquera hora ás clases e seguir a formación de forma virtual dende o repositorio de contidos que terá á súa disposición na plataforma online.

O Curso de Experto/a contará cun número máximo de 100 matrículas que serán asignadas segundo rigorosa orde de inscrición a través deste formulario.

Remate do período de matriculación para o Curso de Experto/a: Luns 11 de outubro do 2021.

As persoas que se matriculen nesta segunda edición do Curso de Experto/a poderán facelo tamén paralelamente, se quixeren, no Curso de Diplomado/a. Na matrícula para o Curso de Diplomado/a terá preferencia na admisión o alumnado que xa cursase a primeira edición do Curso de Experto/a e obtivese o correspondente certificado por telo superado.

O Curso de Alta Especialización terá lugar no 2022 e abrirá a súa matrícula tras finalizar a segunda edición do Curso de Experto/a e o Curso de Diplomado/a.

Para acceder ao Curso de Alta Especialización será requisito imprescindible documentar o título de graduado/a universitario/a.

No proceso de admisión do Curso de Alta Especialización terá preferencia na matrícula o alumnado que realizase previamente o Curso de Experto/a e/ou o Curso de Diplomado/a e obtivese o(s) correspondente(s) certificado(s) por telo(s) superado.

As persoas admitidas serán automaticamente beneficiarias dunha bolsa que cubrirá o 100% do prezo da matrícula. É dicir, que poderán participar neste curso de xeito totalmente gratuíto. Ditas bolsas ofrecidas por Fundehsga contan co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia.

O prazo de matrícula para a segunda edición do Nivel Inicial (Curso de Experto/a) rematou.