Envellecemento activo

Inicio » Formación »Campus do emprendemento e saber de Noia

Aproximarnos ao concepto de envellecemento activo, así como aos retos e oportunidades que nos brinda o envellecemento da poboación.

Revisar o proceso de envellecemento en distintas áreas do funcionamento humano, e as estratexias de promoción do envellecemento activo nesas esferas.

Coñecer diferentes programas de promoción do envellecemento activo.

DATAS: 18, 19 e 20 de xullo de 2022.

HORAS: 24

DIRECCIÓN:Fernando Lino Vázquez (Catedrático USC)

Presentación

Na actualidade, asistimos a un envellecemento da poboación sen precedentes que está desordenando as estruturas demográficas europeas. Un triunfo da sociedade do benestar que demanda cambios importantes na sociedade respecto aos retos que implica esta silenciosa revolución da lonxevidade, e ten unha ampla repercusión sanitaria, social e económica.
Este curso aporta unha visión científica e clínica contrastada e actualizada sobre o envellecemento activo, así como estratexias e programas para vivir máis e mellor.

Contido

1. O desafío do envellecemento da poboación (2 h; Catedrático Fernando L. Vázquez, Universidade de Santiago de Compostela)
1.1. Envellecemento da poboación
1.2. O envellecemento activo.
2. Envellecemento e psicopatoloxía (2 h; Profa. Ángela Torres, Universidade de Santiago de Compostela).
2.1. Trastornos de ansiedade
2.2. Trastornos afectivos
2.3. Outros trastornos
3. Envellecemento e hábitos saudables (4 h; Catedrática María Crespo López, Universidad Complutense de Madrid)
3.1. O exercicio físico
3.2. A dieta e nutrición
3.3. O sono
4. Envellecemento e funcionamento cognitivo (4 h; Dr. Enrique Pérez, Investigador do Centro de Referencia Estatal de atención a persoas con enfermidade de Alzheimer e outras demencias de Salamanca)
4.1. Os procesos cognitivos
4.2. Cambios cognitivos coa idade. Deterioro cognitivo
4.3 A estimulación cognitiva
5. Envellecemento e funcionamento emocional (4 h; Profa. Vanessa Blanco, Universidade de Santiago de Compostela)
5.1. O papel das emocións positivas no envellecemento activo
5.2. Manexo do estrés
6. Envellecemento e funcionamento social (4 h; Prof. Carlos Dosil, Universidade de Santiago de Compostela)
6.1. Cambios sociais no envellecemento (independencia de fillos, soidade, xubilación, dependencia, institucionalización)
6.2. Participación social no envellecemento
7. Programas de promoción do envellecemento activo (4 h; Profa. Patricia Otero, Universidade da Coruña)
7.1. Programas de promoción do envellecemento activo
7.2. Envellecemento activo mediante un videoxogo (Presentación do videoxogo e recrutamento para o proxecto).

Destinatarios

• Psicólogos e profesionais socio-sanitarios interesados no envellecemento activo.
• Estudantes e/ou emprendedores que queiran orientar a súa carreira profesional no campo do envellecemento activo.
• Poboación xeral que desexe ampliar os seus coñecementos e estratexias de envellecemento activo.

Fernando L. Vázquez, Universidade de Santiago de Compostela
Ángela Torres, Universidade de Santiago de Compostela
María Crespo López, Universidad Complutense de Madrid
Enrique Pérez, Investigador do Centro de Referencia Estatal de atención a persoas con enfermidade de Alzheimer e outras demencias de Salamanca
Vanessa Blanco, Universidade de Santiago de Compostela
Carlos Dosil, Universidade de Santiago de Compostela
Patricia Otero, Universidade da Coruña

As prazas serán asignadas segundo rigorosa orde de inscrición a través deste formulario. As persoas admitidas serán automaticamente beneficiarias dunha bolsa que cubrirá o 100% do prezo da matrícula. É dicir, que poderán participar neste curso de xeito totalmente gratuíto.

Se desexas optar a unha praza neste cruso, por favor, enche o seguinte formulario:

Inscricións