Campus do emprendemento e do saber de Noia

Inicio » Formación

Presentación

A Vila de Noia é un enclave singular da Comunidade Autónoma de Galicia, situada no
vértice da Ría de Muros e Noia (Ría da Estrela) e moi preto de Santiago de Compostela (Portus
Apostoli). A súa localización, así como a riqueza das súas terras e a xenerosidade das súas
augas, explica a súa singularidade histórica que tivo dende a súa Carta Fundacional no século
XII, así como o gran patrimonio histórico-artístico reflectido nas rúas lousadas, nos pazos
brasonados e nas características construtivas das súas igrexas. Un pasado, certamente,
glorioso.
Pero máis importante que todo isto, con ser importante, e moito, é a súa xente. Noia
é, antes que nada, terra de creadores. Creadores industriais, creadores culturais e artísticos,
creadores nos diferentes eidos da actividade humana. É neste contexto no que deberá
entenderse o propósito de facer de Noia a Capital do Emprendemento e do Saber do verán.
Durante os meses de xuño, xullo e setembro Noia acolle unha gran variedade
de cursos e xornadas, que van dende o tratamento de tópicos de sempre, pero que seguen
preocupando á sociedade, como outros máis novidosos que van marcar a nosa vida durante os
vindeiros anos. Unha excelente oportunidade para poder combinar un tempo de lecer nun dos
currunchos máis fermosos da Comunidade, co desexo de saber e de seguir mellorando no
ámbito en que cada un desenvolva a súa actividade.
Dada a importancia que este reto ten para a Sociedade desta bisbarra como para toda
Galicia, as entidades Organizadoras e Patrocinadoras ofrecen un número de bolsas que van
facilitar a participación a todas aquelas persoas que teñan verdadeiro interese en non deixar
pasar esta excelente oportunidade.

PROGRAMA XERAL

 XUÑO

DÍA 14
Edificio Antigo Casino (EAC)
“O Camiño de Santiago da Ría de Muros e Noia”
11:00h. Edificio Antigo Casino (EAC)
“O Portus Apostoli e a súa igrexa. San Martín de Noia”
– Dra. Manuela Pérez Mato
11:30h. Edificio Antigo Casino (EAC)
“O Camiño da Ría de Muros e Noia dende a análisehistórica e arqueolóxica”
– Dr. Mario César Vila
12:00h. Edificio Antigo Casino (EAC)
“A experiencia da peregrinación a través do Camiñoda Ría de Muros Noia”
– Dr. Antón Pombo
12:30h. Edificio Antigo Casino (EAC)
Mesa redonda. “Retos e perspectivas do Camiño de Santiago da Ría de Muros Noia”
Interveñen:
– D. Santiago Freire, Presidente da Asociación de Concellosdo Camiño da Ría de Muros Noia
– Dr. Marcelino Agís, Presidente da Academia Xacobea
– Dr. Antón Pombo, historiador e escritor especializado nosCamiños de Santiago
– D. Sebastián Velarde, xerente da Asociación de Concellosdo Camiño da Ría de Muros Noia

Día 26
10:00h. EAC
“Intelixencia Artificial”
– Dra. Sonia Valladares

XULLO

Día 02
19:00h. Salón do Clube de Pensionistas
“Saúde mental nas etapas avanzadas da vida: os límites mentais”
Dr. Miguel Ángel Vázquez

Día 07
19:00h. Salón do Clube de Pensionistas
“Saúde física nas etapas avanzadas da vida: os límites corporais”
Dr. Xosé María Dios Diz

Día 12
10:00h. EAC
“Deporte e saúde mental: Aportacións do coaching”
Dr. Joaquín Dosil e D. Rubén Domínguez

Día 17
10:00h. EAC
“Educación emocional: Emocións, sentimentos ecompetencias afectivas”
Dra. Aixa Permuy

Día 24
10:00h. EAC
“Mediación escolar en centros: Violencia, abusos, comunicación”
Dra. Jeniffer Herbón

Día 31
10:00h. EAC
“Adicións, consumo, prevención e intervención”
Dr. Manuel Isorna

SETEMBRO

Día 06
10:00h. EAC
“Creación e tendencias literarias”
Dr. Armando Requeixo (Coordinador)

Día 11
10:00h. Salón da Confraría de Pescadores
“Noia: A horta da Ría”
D. Adelo Freire

Día 18
10:00h. EAC
“A Noia que queremos: Olladas de futuro”
Expertos e representantes da sociedade

Lugares de celebración

Edificio Antigo Casino (EAC)
Salón do Clube de Pensionistas
Salón da Confraría de Pescadores San Bartolomé de Noia

Secretaría

FUNDEHSGA

981 576 666 · info@fundehsga.com

Concello de Noia

Casa da Cultura: 981 824 169